Skip to content

FEIRA DO LIBRO DE A CORUÑA

Xullo 30, 2012

Este mes de Agosto LIBROS PARA SOÑAR sae á rúa: do 1 ao 10 de Agosto estaremos na Feira do Libro de A Coruña, na caseta número 13.

Podedes visitarnos todos os días de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 horas.

Ademais queremos invitarvos moi especialmente a compartir con nós algunhas das actividades que temos preparadas:

O Mércores 1 de Agosto, día da apertura da feira, ás 19:30 o autor  José Antonio Abad, experto en pedagoxía musical, asinará exemplares do seu libro- disco “As Catro Estacións”, un marabilloso percorrido pictórico e musical pola obra de Vivaldi.

O xoves 2 de Agosto ás 18:00 horas, a narradora Paula Carballeira asinará exemplares do seu fermosísimo libro “O Principio” e agasallará a nenos e maiores cunha sesión de contos.

O sábado 4 de Agosto ás 12:30 horas, nova sesión de contacontos; desta vez será o narrador Tim Bowley quen nos enfeitizará coas súa historias. Con el estará o ilustrador Óscar Villán e xuntos asinarán exemplares do seu último libro “Non hai escapatoria e outros contos marabillosos”.

Xa sabedes, tedes unha cita cos libros na Feira de A Coruña .

Estaremos agardando por vós na Caseta nº 13.

Esperámosvos!

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: