Skip to content

TARDE DE VENRES CO DRAGÓN PEPÓN

Maio 31, 2012

O pasado venres na libraría de A Coruña  Sabela Fernández e Laura Pampín presentaron o seu proxecto de estimulación da linguaxe oral ” O Dragón Pepón”. Trátase dunha metodoloxía dirixida a nenos e nenas de 3 a 6 anos para previr e detectar posibles alteracións da fala, estimulando o seu correcto funcionamento.

Dun xeito divertido, con contos e xogos, as autoras mostráronnos como podemos traballar cos pequenos para facilitar o uso axeitado da linguaxe oral, fundamental para desenvolver as súas capacidades cognitivas e básico para a correcta asimilación das habilidades de lecto-escritura.

 

Houbo contos, xogos, adiviñas, trucos de maxia… pasamos un rato ben divertido!

O Dragón Pepón é o protagonista dos materiais impresos dos que consta o proxecto: un libro de contos que narra as peripecias deste personaxe, un libro de actividades que contén a guía do profesorado, e outros accesorios complementarios para a realización das propostas. Cos contos como eixo conector, o libro de actividades proporciónalles aos mestres e mestras as ferramentas necesarias para traballar durante o curso os compoñentes e prerrequisitos linguisticos, de forma lúdica e sinxela.

Queremos dar as grazas a Laura , Sabela (coautoras xunto con Eugenia Martínez e Ana Isabel Iglesias) e a Marta e Ricardo, da editorial Glía,  pola tarde que compartiron con nós.  A nosa noraboa por este proxecto tan interesante.

E por suposto as nenas e nenos, nais e pais, pola súa presenza.

Se queredes saber máis do proxecto aquí tedes toda a información: ” O Dragón Pepón”

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: