Skip to content

A COCIÑA DE TOTO MURUBE

Maio 29, 2012
tags:

 

Toto Murube é un mendigo, vive na rúa e durme nun caixeiro do Banco do Negocio. O seu soño é ser cociñeiro, pero non sabe ler, así que ten moi difícil que o admitan nunha escola de cociña.

Toto ten un amigo, Don Pablo, que é o dono do restaurante ” Los Gallos”. Moitas noites Don Pablo dalle, ben envolvido en papel de xornal,  un anaco da comida que lles sobrou no bar ; coa graxa as letras do xornal quedan pegadas na comida e Toto acaba ceando carne con letras ou peixe con palabras. Un día, cando esperta, descubre abraiado que sabe ler.

Toto pode por fin cumprir o seu sono e comeza a elaborar receitas para o restaurante, pero as receitas que se lle ocorren son un chisco diferentes ás que Don Pablo esperaba:

“Tómase un litro de agua e ponse a ferver nunha ola. Cando entre en fervura, engádenselle cen gramos de letras do abecedario. Cómpre ter moi en conta que as letras cursivas e as minúsculas queren menos tempo de cocedura ca as maiúsculas. Iso si: eliminar o hache. O hache produce gases e flatulencias.”

Receitas coma esta alimentan soas, trágase o papeliño cun groliño de auga e, ala, xa tes o bandullo cheo por un tempiño. Toto descubre ademais que as súas receitas cobren outras moitas necesidades: que tes mal de amores, unha receita; que non se che dan ben as matemáticas, outra; para os problemas coa lingua:

QUEIXOS VERBALIZADOS PARA TRES: Cóllese o verbo “queixarse” e córtase en tacos. Escóllese despois o presente, que sabe mellor, e recórtanselle os pronomes reflexivos, que son máis amargos. Despois engádenselle unhas anchoas e algo de mala uva, de maneira que resulte: eu queixo, ti queixas, el queixa.

Tanto éxito teñen as súas receitas que Toto Murube faise riquísimo, pero, ás veces, o éxito é máis difícil de levar do que parece e un acaba esquecendo o que de verdade é importante.

 

José Antonio Ramírez Lozano escribe unha historia que é a continuación lóxica daquela compilación de receitas que creara para a cociña das palabras no seu libro Sopa de Soño e outras receitas de Cococociña”. Nesta ocasión acompañan ó texto as  ilustracións de Pablo Otero, que ven de recibir o Premio Isaac Díaz Pardo de ilustración polo seu traballo anterior poñendo imaxes ós contos por teléfono de Rodari. O resultado é un libro moi divertido para comer dun só bocado.

Escrito por: José Antonio Ramírez Lozano

Ilustrado por: Pablo Otero

Editado por: Kalandraka

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: