Skip to content

UNHA VIAXE DE IDA E VOLTA

Maio 15, 2012

 

O Venres tivemos unha nova sesión de contos na libraría de A Coruña.

Fixemos con Álex e con Patricia unha viaxe de ida e volta. Primeiro acompañamos a Rebeca, a protagonista do libro , ” Que che gustaría ser? “ que nos axudou a descubrir que, aínda que ás veces tardamos un pouco en darnos conta, é marabilloso ser un mesmo.

Despois fixemos con Olaf unha viaxe na que tamén descubrimos algo:

que o mellor agasallo que se pode traer dunha viaxe son un feixe de amigos…

aínda que a casa nos quede pequena para metelos a todos.

Tamén coñecimos a Don Nicanor que sempre prefire un libro a ver a televisión.

E para rematar, Patricia e Álex, a petición do público, tiveron que cantar e contar Lúa. Todos lles axudamos e Patri demostrounos que, con este libro, ata os máis pequerrechos son quen de ler .

.

 

Moitas grazas por faceres esta viaxe con nós!

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: