Skip to content

ESCAPARATE

Maio 11, 2012
tags:

Algunhas das novidades interesantes que van chegando ás nosas librarías:


          

“Max y Moritz. Una historia en siete travesuras”  clásico alemán escrito en 1865 por Wilhelm Busch que é toda unha institución nos países de fala xermánica. En verso e cunha estructura considerada precursora das tiras cómicas, narra as trasnadas de dous nenos terribles que non paran de darlle á cabeza para amargar a vida dos seus veciños. Ó final os dous terán o seu merecido. Unha advertencia:  a obra  de políticamente correcta non ten nada, como di o traductor no limiar: “puede resultar cruelmente germana”.

” Una pareja infernal, dispuesta a sembrar el mal/ Atormentar a las ranas, /robar peras y manzanas/ hacer rabiar al sufrido/ es mucho más divertido/ que estarse quieto en la escuela/ o ir a misa con la abuela”

Está editada por Impedimenta e traducida por Víctor Canicio.


    

“Los Pájaros” Unha pequena marabilla que corre o risco de pasar desapercibida, como ás veces pasan desapercibidos os pequenos detalles que poden facer dun día común a máis extraordinaria das xornadas. Hai que mirar, pararse, descubrir… por exemplo libros coma este.

Recomendámolo para facer un agasallo a alguén especial (que podería ser un mesmo) .

Está ilustrado por  Albertine, escrito por Germano Zullo e publicado por Libros del Zorro Rojo.

.

   

“Artur e Clementina”, primeiro dos títulos que pretende recuperar a valoradísima colección de Adela Turín, “A favor de las niñas” que no seu momento (hai nin máis nin menos que trinta anos) publicara Lumen.

Conta a historia de dúas tartarugas que se coñecen, namóranse e casan, pero, en troques de seren felices e comeren perdices, Artur é bastante feliz levando a vida que sempre desexou e Clementina é cada vez máis infeliz levando a vida que Artur desexa para ela.

Un libro e unha colección cuxa reedición, nos consta, era moi esperada e que merece un lugar en toda biblioteca… Imos facendo sitio para Rosa Caramelo?

Está escrito por Adela Turín, ilustrado por Nella Bosnia e publicado por Kalandraka.

.

    

Ademáis de renovar a literatura para nenos coas súas propias e transgresoras obras, Maurice Sendak ilustrou en moitas ocasións textos doutros escritores, neste caso da autora norteamericana Charlotte Zolotow. Publicado orixinalmente no ano 1962 mantén todo o encanto que asociamos cos clásicos anglosaxóns.

Unha nena pequena busca un agasallo para a súa nai, para o que necesitará a axuda do señor coello, entre eles establécese un diálogo sinxelo e cheo de vida que atrapará a atención dos máis pequenos. As ilustracións, por suposto, marabillosas.

“El señor conejo y el regalo perfecto está publicado por Corimbo.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: