Skip to content

O PRINCIPIO

Abril 27, 2012
tags:

“La realidad exige/ que lo digamos bien claro:/ la vida sigue su curso./ Sucede así en Cannas, en Borodinó/ en los llanos de Kosovo y en Guernica./ Hay una gasolinera/ en una pequeña plaza de Jericó/ hay bancos recién pintados/ cerca de Bila Hora./ Las cartas van y vienen/ entre Pearl Harbor y Hastings,/ pasa un camión de muebles/ bajo la mirada del león de Queronea/ y sólo un frente atmosférico amenaza/ los florecientes jardines de Verdún.”

Así comeza o poema “La realidad exige” da premio Nobel polaca Wislawa Szymborska. O poema deixa flotando na nosa mente unha pregunta: como é posible que despois do horror, da traxedia, do sufrimento  dunha guerra, pouco a pouco se vaian abrindo paso, xa non a rutina inevitable da supervivencia, senón a alegría, a beleza, as ganas de vivir?  Como poden convivir a loita entre a necesidade de recordar, de non esquecer o acontecido e o pulo da vida impoñéndose de novo. Cal destes sentimentos debería prevalecer?

Non é doado vivir neste mundo sen ter experimentado esa contradicción, en certa forma irresoluble. Pero, que difícil parece transmitirlle este sentimento a un neno, e facelo ademais sen falsedades, sen sentimentalismos, sen ese positivismo baleiro no que ás veces se cae cando se tratan determinados temas con eles. É  un mérito incrible deste álbum ilustrado no que a linguaxe, medida, elegante, sutil, de Paula Carballeira, xunto coas fermosísimas iliustracións de Sonja Danowski, dan forma a un libro que é coma un poema, que se queda dentro, que pide unha relectura pausada que permita apreciar como, detrás de cada frase esperanzada, de cada un deses rostros que vemos transformarse co inicio dun sorriso, hai unha historia de tristeza que non fai falta contar para entender.

    

A esperanza, parecen dicirnos as autoras, non precisa esquecer o pasado para medrar, tan só necesita a intuición dun futuro.

Recomendámolo moito, en nós deixou unha pegada profunda.

No le faltan encantos a este horroroso mundo/ni amaneceres por los que merezca la pena despertar[…] En esos desfiladeros trágicos/ el viento se lleva los sombreros/ y es inevitable:/ la imagen nos da risa. “

Escrito por: Paula Carballeira.

Ilustrado por: Sonja Danowski (E para aqueles que despois de ver o libro teñades curiosidade polas súas impactantes ilustracións  aquí podedes ver unha parte do seu traballo.)

 

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: