Skip to content

PRESENTACIÓN DE “O PRINCIPIO” EN A CORUÑA

Abril 26, 2012

A autora e narradora Paula Carballeira visitará este venres LIBROS PARA SOÑAR A CORUÑA para presentar o seu novo álbum ilustrado: “O principio”.

Tras “Mateo”, “Paco” e “Smara”, este é o cuarto libro que Paula Carballeira publica en KALANDRAKA. Na presentación de “O principio”, a polifacética autora ofrecerá unha sesión de contos para nenos e nenas a partir de 3 anos. Ademais da súa faceta como escritora de literatura infantil e de poesía, Paula Carballeira tamén destaca como actriz de teatro vencellada ao grupo Berrobambán, e intérprete en series de ficción para a Televisión de Galicia. Como narradora oral participou en programacións culturais non só en Galicia, senón tamén en España, Portugal, Brasil e Chile.

As ilustracións de “O principio” poderanse admirar ata o 28 de maio en horario comercial. A artista plástica Sonja Danowski ilustra cun extraordinario detallismo as rúas desertas dunha cidade destruída, pero o seu talento apréciase sobre todo na representación dos personaxes: os superviventes, principalmente os nenos, demostran que a vida continúa e que non poden deixar de vivir a súa infancia aínda que a guerra queira arrebatarlla.

O traballo de Sonja Danowski expúxose en países como Alemaña, Polonia, China ou Corea. Foi seleccionada para participar na Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña, así como na Bienal Ilustrarte, de Portugal.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: