Skip to content

CONTOS E TARTAS POLO 12º ANIVERSARIO DE LIBROS PARA SOÑAR-VIGO

Abril 23, 2012

…Contos que se saborean cos ollos, cos oídos, e tamén do padal, para sorte dos lectores máis lambeteiros. O 12º aniversario de LIBROS PARA SOÑAR-Vigo reuniu a público cativo e adulto para celebrar que a libraría infantil e xuvenil do Casco Vello vigués segue medrando vigorosa, cos seus andeis cheos de novos títulos, cun activo calendario de actividades e co acompañamento fiel e entusiasta dos nenos e nenas coas súas familias.

Entre os invitados especiais, Ana Barreiro, Bea Campos e Iria Mantilla, que traían cadanseus amigos: o ratiño Paco, O coelliño branco, Os Tres Bandidos… Os personaxes dos contos de KALANDRAKA que tanto marcan o noso encontro ineludible cos libros e coa lectura. E contos tamén nos doces de cumpreanos, contos para chupar os dedos! Nenos e maiores quedamos abraiados cando chegou o momento de soprar as velas, sobre tartas personalizadas, decoradas cos personaxes de “Lúa” ou “Garavanciño”: auténticas obras de arte da reposteiría moderna. O soño dos lectores larpeiros: ler e comer!

Recibimos as tartas con expectación e con solemnidade, a ritmo de violín. Ducias de cabeciñas rodearon a chama acesa, que se apagou nun suspiro, coa enerxía e co alento ilusionante dos nenos e nenas. E entre todos, pedimos un desexo…

Hoxe, 23 de abril, Día Internacional do Libro, as librarías LIBROS PARA SOÑAR de Vigo e da Coruña ofrecen un 10% de desconto nas vendas. Felices lecturas.

(Ilustración: Miguel Calatayud, do “Libro das M’Alicias“, editado por KALANDRAKA).

One Comment leave one →

Trackbacks

  1. Kalandraka - Blog K

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: