Skip to content

PRESENTACIÓN DE AS CATRO ESTACIÓNS

Abril 20, 2012

O sábado na libraría de A Coruña presentamos o libro ” As Catro Estacións” . Acompañáronnos José Antonio Abad, autor do texto, e Manuela Rodríguez, coordinadora da colección.

Ademais contamos coa presenza dunha familia de músicos: Florián, Rediana e Daniel Vlashi. Todo un luxo para nós desfrutar da súa interpretación da música de Vivaldi.

José Antonio foinos explicando o que significaban cada un dos fragmentos da música e así nós podiamos apreciar o son de cada estación : o plop-plop da chuvia caendo , a calor abafante das tardes de verán, o vento de outono zoando ou os patinadores esvarando na neve. Despois, en directo, os músicos interpretaban as pezas.

Unha proxección audiovisual coas fermosas ilustracións de Emilio Urberuaga axudábanos a situar cada fragmento musical.

E ademais Manuela trouxo para nós un agasallo: a historia do osiño Chispa, protagonista do audioconto “O oso fabuloso”.

Escoitamos, observamos, cantamos… nunha sesión que foi en verdade algo moi, moi especial.

Coma sempre queremos dar as grazas as nenas e nenos que nos acompañaron.

A Manuela e a José Antonio Abad.

E un agradecemento moi especial a Rediana, Florián e Daniel pola súa xenerosidade ao interpretar para nós a música de Vivaldi.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: