Skip to content

12º ANIVERSARIO DE LIBROS PARA SOÑAR-VIGO

Abril 19, 2012

Este vindeiro luns 23 de abril, Día Internacional do Libro, cúmprese o 12º aniversario de LIBROS PARA SOÑAR. Pero a libraría infantil do Casco Vello vigués adianta a celebración a mañá venres para compartir cos lectores e lectoras unha sesión especial de contos, a partir das 18:30 horas, con varios invitados especiais. Entre eles, as voces das narradoras Bea Campos, Iria Mantilla, Ana Barreiro e Olalla González, xunto coas libreiras Sandra Senra e Carmela Sieiro.

No repertorio de historias non faltarán o coñecido conto tradicional “O coelliño branco” de Xosé Ballesteros e Óscar Villán, e o clásico “Os tres bandidos” de Tomi Ungerer. Os nenos e nenas axudarán a soprar as 12 velas da tarta de cumpreanos, e poderán degustar un delicioso biscoito e outras lambetadas festeiras.

Ao longo deste último ano, LIBROS PARA SOÑAR mantivo unha extensa e intensa axenda de promoción da lectura, con sesións periódicas de contos e obradoiros infantís. Tamén visitaron a libraría autores e ilustradores como o profesor e escritor de Cangas Xosé Manuel González ‘Oli’ e Marc Taeger presentando “Artur”, ou Pablo Otero dando a coñecer “Contos por teléfono”, ademais de músicos como Guillerme Fernández, Xabier Díaz, e Xurxo Souto, que acompañou o autor vigués Fran Alonso.

LIBROS PARA SOÑAR contribuiu a inculcarlle sensibilidade artística ao público infantil coa realización de exposicións sobre a obra gráfica de Kveta Pacovská e os últimos traballos de Óscar Villán, ou organizando unha mostra de ilustradores galegos no Espazo EMAO da Escola Municipal de Artes e Oficios. Asimesmo, mantívose unha colaboración estreita con colectivos sociais e culturais da bisbarra que viñeron compartir á libraría o seu labor.

Co gallo do Día do Libro, a libraría fará descontos pola compra de exemplares. Ademais, este vindeiro mércores vai haber unha nova sesión especial de contos para bebés de cero a tres anos. Logo desta actividade, LIBROS PARA SOÑAR retoma as sesións habituais de contacontos o venres 4 de maio, xa que o vindeiro venres 27 e sábado 28 de abril o narrador camerunés Boniface Ofogo vai impartir na libraría un curso titulado “As ferramentas do narrador oral”.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: