Skip to content

CURSO DE BONI OFOGO EN LIBROS PARA SOÑAR-VIGO

Abril 4, 2012
tags:

O autor e contacontos Boniface Ofogo (Camerún, 1966) vai impartir un curso titulado “As ferramentas do narrador oral” os días 27 e 28 de abril, dirixido a docentes e estudantes de educación infantil, animadores socioculturais, educadores sociais, profesionais de atención socio-sanitaria e narradores. As sesións terán lugar en LIBROS PARA SOÑAR – VIGO (r/Triunfo, 1) o vindeiro venres 27 de abril, de 17:00 a 20:00 horas, e o sábado 28, de 10:30 a 13:30 horas. O curso ten prazas limitadas e o prezo é de 24 euros.

A partir da súa experiencia, cunha traxectoria de 20 anos como narrador oral, Boni Ofogo debullará as principais técnicas e habilidades para afrontar un relato e transmitilo en público. O taller terá un carácter participativo: os asistentes ao curso artellarán métodos para contar unha experiencia persoal, unha historia de creación propia ou unha lenda popular.

Precisamente, a transmisión oral da cultura é un dos alicerces do labor de Boni Ofogo, que medrou nunha aldea do interior de Camerún, “onde a oralidade era a única maneira de acceder a calquera tipo de información ou coñecemento”. Máis tarde, Boni Ofogo chegaría á literatura escrita a través dos seus estudos como doutorado en Filoloxía Hispánica, e da súa traxectoria profesional como mediador sociocultural, se ben a “oralidade primaria” na que se educou segue sendo o “principal punto de referencia” no seu traballo de narrador, faceta á que se adica en exclusiva dende 2005.

“Dende neno fun iniciado polo meu pai na arte da palabra oral”, explica Boni Ofogo, que acudía ás “xuntanzas dos avós”, nas que aprendeu “a escoitar e a manexar a arte da oratoria”. Foi neses encontros onde se lle inculcou a importancia de “venerar as persoas maiores, porque son depositarias dunha sabedoría milenaria”.

Boni Ofogo é autor de dous libros: “Una vida de cuento”, editado polo Ministerio de Educación, e o álbum infantil “O león Kandinga”, publicado por KALANDRAKA, que se basea nun conto tradicional camerunés. Esta última obra, ilustrada por Elisa Arguilé, foi galardoada en 2009 co Premio da Fundación CJ de Cultura (Corea), obtivo unha mención de honra no Premio Città di Bella (Italia) en 2011, e atópase entre as lecturas recomendadas pola Fundação Nacional do Livro Infantil e Juvenil (Brasil).

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: