Saltar ao contido

INVENTARIO ILUSTRADO DE ANIMAIS

Marzo 2, 2012
tags:

Imos facer inventario, que é como dicir, isto é o que nos queda. Mirade que diversidade: hai animais nos polos, nos desertos, nos océanos e ata nas granxas. Pero, fixádevos ben por exemplo na foca monxe, no ano 2008 quedaban menos de 500 exemplares en todo o mundo. Mirade para o tigre, que marabilla; é o felino máis grande do planeta, é moi territorial e necesita de grandes espazos para cazar, así que a deforestación da selva fai que cada vez sexa máis complicada a súa supervivencia. Tamén para o oso polar o quecemento global é unha ameaza, pois está a destruir moi rapidamente o seu hábitat natural, poderíalle pasar como ao órix branco, que xa non se atopa en estado salvaxe.

Moitos dos cen animais que se describen neste libro están en serio perigo de extinción e todos eles forman parte dese delicado equilibrio necesario para o mantemento da vida sobre a Terra .

Comentan os autores no limiar  do libro que o seu desexo é “que esta obra impulse a protexelos e, de forma xeral, fomente a curiosidade e o respecto cara a estes animais tan fermosos”. Nós pensamos que así debería ser porque é un libro que invita a unha lectura pausada, desfrutando das ilustracións feitas a imitación dos libros dos naturalistas do século XIX , moi ben organizado e cunhas descripcións moi axeitadas para espertar a curiosidade dos máis pequenos.

A nós gustaríanos moito que o leran, que o miraran e o remiraran, pero, sobre todo, o que máis nos gustaría é que o gardaran e que dentro de vinte ou trinta anos, cando o quixeran compartir cos seus fillos, todos e cada un dos animais aquí inventariados seguiran existindo, como existirán, sen dúbida, a curiosidade científica e o pracer da lectura compartida. Para iso están os libros coma este.

Escrito por: Virginie Aladjidi.

Ilustrado por: Enmanuelle Tchoukriel.

Editado por: Faktoría K.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: