Skip to content

ATA O INFINITO CON KVETA

Febreiro 11, 2012

Ó longo deste mes de febreiro LIBROS PARA SOÑAR únese ó FLIC (Festival de Literatures i arts infantil i juvenil) na súa homenaxe a deseñadora checa Kveta Pacovska. Nacida en Praga en 1928 estudiou na Escola de Artes Aplicadas da súa cidade natal onde foi alumna do profesor Emil Filla, unha das figuras máis senlleiras do modernismo checo. Comezou a ilustrar libros nos anos 50 , cando os seus fillos eran pequenos pola alegría de crear algo con eles”, según ten explicado a propia autora, quen é a da opinión de que “o álbum ilustrado é o primeiro museo que un neno descobre”. Seguiu ilustrando libros para outros autores ata que en 1990 comezou a producir as súas propias obras. No ano 1992 se lle otorgou o premio Hans Christian Andersen polo conxunto da súa obra gráfica.

Nas librarías de Vigo e A Coruña ó longo de todo o mes as sesión de contacontos e os obradoiros  teñen como fío conductor a obra desta prestixiosa artista plástica. As dúas librarías adican os seus espazos  de exposición a unha mostra das ilustracións da artista (dende o 1 ó 28 de febreiro en Vigo e dende o 17 de febreiro o 12 de marzo en A Coruña).

O vindeiro venres 17 de febreiro na libraría de Vigo haberá un obradoiro de entroido co título “Colores para Kveta” e na libraría da Coruña haberá un obradoiro de plástica creativa co titulo “Un agasallo para Kveta”.

“Mis libros pueden ser percibidos con los cinco sentidos. Por ejemplo, algunos se leen a través del tacto. Uno puede sentir si la superficie de las páginas es lisa o rugosa y ello influye en sus pensamientos. También se puede entrar en un libro, si a uno le apetece. Y los que no deseen esforzarse mucho, sólo pueden ver las imágenes” .

(Entrevista en Radio Praga)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: