Skip to content

ANIMAR A LER EN FAMILIA

Xaneiro 31, 2012

A educadora Ana Abelenda vai impartir este sábado 4 de febreiro, a partir das 11:30 horas, en LIBROS PARA SOÑAR CORUÑA unha charla titulada “Animar a ler en familia: de 0 a 3 anos”.

Será unha sesión moi práctica na que as nais, os pais e os profesionais interesados, recibirán orientación sobre a mellor forma de introducir aos máis pequenos no mundo dos libros.

Afondando primeiro nos recursos da oralidade -rimas, retrousos, cantigas, cantos de berce, xogos co corpo- Ana  irá descubrindo tamén a importancia das imaxes e das texturas como base para acceder logo aos contos populares, os contos de creación dos novos autores e os clásicos contemporáneos.

Haberá tempo para preguntas, para intercambiar experiencias, para ver libros …

Esperámosvos o vindeiro sábado!

Ana Abelenda (Buño, 1982) é técnico superior en Educación; tras formar parte durante varios anos  do equipo de animación á lectura de Kalandraka, traballa na actualidade na Escola Infantil de A Laracha.

2 Comentarios leave one →
  1. Mamen permalink
    Marzo 20, 2012 4:05 pm

    ¿Qué significa experta en LIX?
    Gracias.

    • palabras no ar permalink*
      Abril 19, 2012 4:18 pm

      LIX é a abreviatura de Literatura Infantil e Xuvenil.
      Grazas por visitar o blog de Libros para Soñar. Saúdos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: