Skip to content

SESIÓN DE CONTOS PARA BEBÉS EN VIGO

Novembro 22, 2011

A contadora Olalla González e o ilustrador Marc Taeger van participar mañá mércores 23 de Novembro, a partir das 17:30 horas, na sesión especial de contos para bebés de 0 a 3 anos que se celebrará en LIBROS PARA SOÑAR de Vigo.

Ilustrador de “Artur”, un álbum infantil editado por FAKTORÍA K, Marc Taeger, acompañará con debuxos as narracións de Olalla González, que van ter como fío condutor os animais que, como o pito Artur, son ovíparos. Así, o repertorio incluirá tamén outros contos redondos como “Un becho estraño” e “Crocodilo”.

Será unha sesión moi completa en contidos e, por tanto, beneficiosa para os bebés que asistan, posto que, ademais do relato oral e da xestualidade, vaise potenciar o enfoque cromático a través do traballo artístico que Marc Taeger vai realizar en directo.

Olalla González é mestra, especialista en literatura infantil e xuvenil, e adaptadora de contos tradicionais como “Chibos, Chibóns” e “Garavanciño “, que foron publicados por KALANDRAKA. Este último foi ilustrado tamén por Marc Taeger, que na súa traxectoria suma outros libros  como “Tic-Tac”, “A verdadeira historia de Carapuchiña” e “Aquiles o puntiño”, editados igualmente por KALANDRAKA.

LIBROS PARA SOÑAR: Triunfo, 1. Vigo | Tlf. 986 43 37 68 | lps@kalandraka.com

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: