Skip to content

CANDO CHOVE

Novembro 18, 2011
tags:

Hai dúas formas de enfrontar con ledicia un día de chuvia : quedar no sofá coa manta por riba pensando “que quentiño se está na casa, pobre do que teña que sair  hoxe ! ”, mentres ves a auga esvarar pola ventá, ou coller botas e paraugas  e liscar para a rúa meter os pés en canto charco atopes polo camiño. Se a túa forma é a segunda case é seguro que non tes por riba dos oito ou dez anos.

Leire Salaberría, a autora deste libro, é nova pero algo máis dos dez anos ten, e aínda así, semella que malia  vivir nun lugar onde chove arreo, mira para a chuvia con ollos de nena e nos convence con este libro de que cando chove o mundo non é gris senón que está cheo de cores  e que é un mundo que desfruta da chuvia: desfrutan os cans, as árbores, os caracois e, claro, tamén os nenos.

É un libro sinxelo, gañador do premio Etxepare  de álbum ilustrado, que describe situacións cotiás e transmite unha alegría de vivir coa que os nenos se sentirán moi identificados.

Escrito e ilustrado por: Leire Salaberría

Editado por: Factoría K

2 Comentarios leave one →
  1. Lucía Campos permalink
    Novembro 18, 2011 8:35 pm

    Que boa pintaaa!!!

  2. Lucía Campos permalink
    Novembro 18, 2011 8:37 pm

    Que boa pinta!!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: