Skip to content

PÍO, PÍO… EN LIBROS PARA SOÑAR, DE VIGO

Novembro 14, 2011

Artur” (FAKTORÍA K ) foi o protagonista da recente sesión de contacontos celebrada en LIBROS PARA SOÑAR de Vigo. A adaptadora de contos tradicionais Olalla González e mais o ilustrador do álbum, Marc Taeger, foron os mestres de cerimonias da presentación deste libro de cartón con recantos redondeados, dirixido aos primeiros lectores. Non foi nada doado retratar este poliño porque, como ben explicou Marc, alguén estivo algunha vez dentro dun ovo?

Coa libraría ateigada de público, tanto infantil coma adulto, Olalla e Marc plantexaron interesantes cuestións: que animais nacen dos ovos? patos, crocodilos, tartarugas, ornitorrincos… e poliños coma Artur! Como estaría Artur dentro da casca? Encollido ou estirado? Tería as ás abertas ou pechadas, de que cor serían o pico e as plumas?

Durante o proceso cretivo do libro, Marc debuxou moitos poliños antes de dar coa imaxe definitiva do entrañable Artur. Logo de deixalo durmindo no seu “edredón de plumas”, os nenos e nenas animáronse a debuxar outros animais dentro dos seus ovos. Dende entón, LIBROS PARA SOÑAR é un sorprendente niño de moitas especies de aves, insectos, reptís e outros ovíparos.

Estamos xa nos derradeiros días para visitar en LIBROS PARA SOÑAR de Vigo a exposición de ilustracións de “Artur”, realizadas por Marc Taeger. A próxima parada desta interesante e atractiva mostra será a libraría LIBROS PARA SOÑAR da Coruña.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: