Skip to content

CONTOS CON MÚSICA

Novembro 13, 2011

Este pasado venres Patricia e Álex estiveron con nós na libraría da Coruña .

Escoitamos un bo feixe de historias: a dun poliño que se atragoou cunha abelá; a dun rato que recollía poemas, cancións ou  cores para pasar o inverno; a de catro amigos músicos que percorren o mundo cos seus instrumentos musicais…

Tamén descubrimos que hai que mirar ben o que temos ao noso redor porque, se estamos atentos e sabemos escoitar, todas as cousas poden ter unha historia interesante que contar.

…E con moitas desas historias pódense facer algunhas cancións tan chulas como as que nos aprenderon Patri e Álex.

Pero iso non foi todo. Álex ten unha maleta viaxeira da que foi sacando instrumentos musicais diferentes: a frauta de émbolo, a carraca, unhas castañolas pequenas que se chaman pitiños…

…Así que houbo contos, houbo cancións, houbo música… e sobre todo, houbo moitos amigos e amigas compartindo con nós unha tarde especial.

Moitas grazas a todos e todas por acompañarnos!

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: