Skip to content

PRESENTACIÓN DE ‘ARTUR’ NA LIBRARÍA DE VIGO

Novembro 8, 2011

…Dentro da casca, Artur sentíase seguro, pero moi incómodo. O seu cuarto quedáralle pequeno, ata que descubriu que aquel ovo era unha parte moi pequena dun mundo enorme e descoñecido…

LIBROS PARA SOÑAR acollerá este venres 11 de novembro, a partir das 18:30 horas, a presentación do álbum “Artur”, escrito polo profesor de Cangas, Xosé Manuel González ‘Oli’, e ilustrado polo deseñador suizo afincado no Morrazo, Marc Taeger. Editado no selo FAKTORÍA K de KALANDRAKA, “Artur” é un libro de cartón duro especialmente dirixido a pre-lectores e primeiros lectores, que trata sobre a fraxilidade dos recén nacidos.

Á presentación de “Artur” en LIBROS PARA SOÑAR asistirán Marc Taeger e a contadora Olalla González, que ofrecerán unha sesión de contacontos ilustrados e un obradoiro infantil no que os nenos poderán debuxar animais dentro dos seus ovos; debuxos que quedarán expostos na libraría. Ademais, a sala de exposicións acolle unha mostra das ilustracións -sinxelas de trazos grosos e cores intensas- que acompañan este texto de alto valor sensitivo. No escaparate de LIBROS PARA SOÑAR tamén se atopa destacada esta obra, cunha intervención artística realizada polo propio ilustrador.

“Artur” está publicado en sete linguas: galego, castelán, catalán, euskera, portugués, inglés e italiano. Ademais deste álbum, Marc Taeger tamén ilustrou outros títulos, como “A verdadeira historia de Carapuchiña”, “Aquiles o puntiño”, “Garavanciño” e “Tic-tac”, editados por KALANDRAKA. Nesta mesma editorial publicou tamén Xosé Manuel González ‘Oli’ os álbums “Once damas atrevidas” e “O pirata pata de lata”.

CONTOS PARA BEBÉS

Ademais, LIBROS PARA SOÑAR retoma mañá mércores, 9 de novembro, a partir das 17:30 horas, as sesións especiais de contos para bebés de 0 a 3 anos de idade. As narracións compleméntanse coa interpretación de cantigas tradicionais, arrolos e retrousos que envolven a sesión nun clima cálido e acolledor ao longo dos 30 minutos que dura a actividade. Os pais e nais que acoden cos seus meniños e meniñas reciben asesoramento personalizado sobre as propostas de lectura máis acordes para cada etapa do crecemento.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: