Skip to content

CURSO DE CONTACONTOS EN VIGO CON BEA CAMPOS

Outubro 21, 2011
tags:

A actriz Beatriz Campos vai impartir un curso de contacontos para adultos na libraría Libros para Soñar de Vigo, que se celebrará do 14 ao 19 de novembro en horario de 17:00 a 20:00 horas. Está dirixido a profesorado, profesionais das bibliotecas, xestores culturais e público en xeral.

O curso vaise estruturar en varios apartados: dunha banda, farase unha clasificación de libros infantís e xuvenís por idades, atendendo á súa temática e ao seu formato.

Tamén se abordarán pautas sobre como organizar unha sesión de contacontos en función dos intereses e das expectativas do público, segundo sexan nenos ou maiores. Nestas xornadas prestaráselle unha especial atención á recuperación e á posta en valor da tradición oral e do cancioneiro popular, como legado cultural co que medraron e se formaron as xeracións pasadas. Na recta final do curso, os participantes poderán preparar a narración e escenificación dun conto que van expoñer nunha sesión de contacontos real e aberta ao público. A partir desta experiencia, poderán analizar individual e colectivamente cuestións e estilo e expresión.

Beatriz Campos é licenciada en Arte Dramática. Dende moi nova ten contacto co teatro a través da súa participación no grupo Migallas, co que representou diversas obras e interviu en actividades infantís como o programa “Á procura do tesouro”, que vai pola súa decimoterceira edición no Concello de Pontevedra. Tamén forma parte dos grupos Inversa Teatro e Arela das Artes. Ademais, nos dous últimos anos protagoniza a sesión de narración oral “Contos nas orellas”, coa que percorreu numerosas bibliotecas de toda Galicia. Formou parte do equipo de animación á lectura de Kalandraka, realizando sesións de contos e música en escolas galegas, librarías, bibliotecas e centros culturais. Como profesora, imparte clases a diversos grupos de teatro afeccionado. Tamén participa en espectáculos de improvisación e foi actriz no documental “Pelo Gato 24”.

O prazo de inscrición para este curso de contacontos xa está aberto na libraría Libros para Soñar, e o prezo das xornadas formativas é de 45 euros.

LIBROS PARA SOÑAR-VIGO: r/ Triunfo,1. | Tlf. 986 43 37 68 | lps@kalandraka.com

One Comment leave one →
  1. matilde permalink
    Novembro 8, 2011 11:19 am

    Pois encantaríame facer un curso de este tipo, pero non podo porque saio de traballar ás 20h…Mágoa.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: