Skip to content

PRÓXIMAS ACTIVIDADES EN LIBROS PARA SOÑAR DA CORUÑA E DE VIGO

Outubro 7, 2011

O vindeiro venres 14 de outubro, a partir das 18:30 horas, celébranse dúas actividades simultáneas nas librarías LIBROS PARA SOÑAR da Coruña e de Vigo.

Na Coruña, o artista plástico Pablo Otero vainos presentar o seu traballo máis recente: as ilustracións do libro “Contos por teléfono” (KALANDRAKA), con textos do gran mestre e pedagogo italiano Gianni Rodari, do que neste ano 2011 se cumpren 90 anos do seu nacemento e 30 anos do seu pasamento. As ilustracións de Pablo Otero están expostas na libraría e pódense visitar ata finais deste mes en horario comercial.

Pablo Otero guiaranos a través das palabras e das imaxes desta obra literaria coa que medraron varias xeracións de nenos e nenas. A imaxinación rebordante, a chiscadela surrealista, e a liberdade creativa dos relatos, trasládase tamén ás ilustracións, cheas de colorido e de expresividade, realizadas cun perfeccionismo e cun detalle exquisito, para asombrar e sorprender os lectores.

Esta actividade está enfocada a lectores a partir de 6 anos de idade.

LIBROS PARA SOÑAR -A CORUÑA está no número 64 da Avenida de Fisterra.

En Vigo retómase novamente a programación de actividades, cun mes de outubro adicado aos libros de arte. Volven as sesións de contacontos dos venres para público infantil e familiar, volven as sesións de contos para bebés dos mércores quincenalmente, volven as exposicións de ilustracións, volven os cursos de formación…

Neste agardado reencontro, Libros para Soñar-Vigo vístese de gala coas ilustracións de Marc Taeger para o álbum infantil “Artur”, un texto de Xosé Manuel González ‘Oli’ editado por FAKTORÍA K. No repertorio de contos, achegarémonos á figura dun dos pintores máis universais, Diego Velázquez, e a un dos seus cadros máis senlleiros, As Meninas. O libro “Un cadro de Velázquez”, de Claire D’Harcourt (FAKTORÍA K) ten todas as claves desta obra e do seu autor.

E xa está aberto o prazo para incribirse no curso de contacontos que vai impartir no mes de outubro a actriz e narradora Bea Campos. As sesións celebraranse do 14 ao 19 de novembro de 17 a 20 horas, e o prezo é de 45 euros.

LIBROS PARA SOÑAR-Vigo está no número 1 da Rúa Triunfo, no Casco Vello.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: