Skip to content

BENVID@S A LIBROS PARA SOÑAR-A CORUÑA

Setembro 28, 2011
tags:

Comeza a conta atrás para a inauguración de LIBROS PARA SOÑAR-A Coruña. Faltan só 3 días para abrir ao público este novo espazo adicado á Literatura Infantil e Xuvenil e á promoción da lectura entre a xente máis nova. A libraría vai amosando xa algúns dos seus recunchos máis especiais…

Porque os protagonistas son os nenos e nenas, a zona infantil destaca polo seu colorido e pola presenza de elementos que buscan a súa complicidade: estes días, directamente chegado dende os bosques de Bengala, recibimos a un félido amigo que invita a ler “O tigre que veu tomar o té”.

Unha cómoda butaca é o lugar ideal para que os maiores lean e escoiten o libro-cd-dvd “Na punta do pé”, do grupo Pesdelán, para aprender a danzar e a cantar ritmos musicais galegos e portugueses.

De pintar os murais que decoran LIBROS PARA SOÑAR ocupouse o artista plástico galego Pablo Otero, que se inspirou nas ilustracións do libro “Contos por teléfono”, a emblemática obra do escritor e pedagogo italiano Gianni Rodari que moi pronto verá a luz no catálogo dos Libros para Soñar de KALANDRAKA.

E ocupando unha parte preferencial, os andeis das novidades, con interesantes propostas de lectura para cativos de todas as idades, dende os pre-lectores que se inician no manexo dos libros con materiais de tea, madeira ou cartón, ata os lectores autónomos que xa len álbums ilustrados e conxuntos de relatos.

Queredes saber como é o primeiro escaparate de LIBROS PARA SOÑAR-A Coruña? Mañá, nun próximo artigo, poderédelo ver. Unha pista: é de temática artística.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: