TARDE DE CIRCO…E CONTOS
Marzo 9, 2012
O circo e a maxia chegaron a Coruña e fixeron unha paradiña en Libros para Soñar.
Deixáronnos un escaparate con bandeirolas, xogos malabares, un coello saíndo dunha chistera…
Despois chegaron Álex e Patri, cargadiños de contos.
Abrimos ben ollos e orellas, pechamos a boca e….
TACHÁN…!! : A familia C; O Mago Goma …
Toda unha troupe ía saíndo da maleta….
Ata Pancho, o elefante, que tamén estivo no circo.
A nosa boca foise abrindo pouco a pouco, pouco a pouco…. e xa non a demos pechado!
Moitas grazas a nenas e nenos, nais e pais e a Patricia e Álex por facernos pasar unha tarde tan divertida.
Aínda sen comentarios









