TARDE DE CONTOS
O pasado venres inauguramos na libraría da Coruña a mostra
“Un paseo Ilustrado (I)” adicada a Óscar Villán.
A mostra recolle algunhas das ilustracións do artista ó longo
da súa carreira.
Dende ilustracións feitas para portadas de revistas, como
“Fadamorgana” ou “El espectador”.
Ata murais como o que fixo para a Biblioteca de Santa Comba
ou para apoiar a candidatura da Torre de Hércules á
Patrimonio da Humanidade.
E, por suposto libros, moitos libros.
Para inaugurala como se merecía estiveron con nós
Patricia e Álex que lle puxeron voz
e música ós contos que Óscar ilustrou ó longo destes anos.
Escoitamos “O Coelliño Branco”, que gañou o Premio
Nacional de Ilustración no ano 1999, axudamos a Patri a
descubrir o animal que se agocha nun ” Becho extraño”
e tamén escoitamos e cantamos “Crocodilo” e “Amora”.
Óscar falou un rato con nós e adicounos algúns dos libros.
Facendo de cada un deles un exemplar
únicos cos seus debuxos.
Pasámolo moi ben e tanto nos gustaron os contos que ata houbo
quen lle pediu a Patricia que firmara un libro para gardalo como recordo.
Moitas grazas a todos e todas por compartir con nós unha tarde
de arte, música e contos.
Grazas a Óscar Villán pola súa presenza e amabilidade.
E aos que non puidéchedes vir recordade que aínda tedes tempo
ata 0 12 de Febreiro para ver a exposición.













Grazas a vós, María, Marta, Xosé, Patricia, Álex, pola organización e polos contos…