ACTIVIDADES EN VIGO
Trala paréntese navideña, mañá mércores, 18 de xaneiro, a partir das 17:30 horas, LIBROS PARA SOÑAR- VIGO retomará as sesións de contos para bebés de cero a tres anos. Participará a adaptadora de contos e narradora Olalla González, autora de “Garavanciño” e “Chibos chibóns”, editados por KALANDRAKA. Nesta primeira actividade do ano, a sesión introducirá relatos breves que xiran en torno ás rutinas diarias dos bebés.
Tamén se recuperan esta semana as sesións de contacontos habituais dos venres, para público infantil a partir de catro anos. A profesora e narradora Iria Mantilla será unha das protagonistas da sesión do día 20 de xaneiro, a partir das 18:30 horas, cunha representación especial do libro “A que sabe a lúa?”, de Michael Grejniec, editado por KALANDRAKA. Tanto esta semana como a vindeira, o repertorio vai incluir relatos sobre a amizade, a tolerancia e a convivencia, como antesala do Día Escolar pola Paz, que se celebra o 30 de xaneiro.
LIBROS PARA SOÑAR: Triunfo, 1. Vigo | Tlf. 986 43 37 68 |



