ACTIVIDADES NA CORUÑA

Comeza un ano 2012 cheo de actividades en Libros para Soñar.
O venres 13 de Xaneiro inauguramos no espazo de exposicións da libraría da Coruña a primeira parte da mostra Un paseo ilustrado, monográfico adicado ó artista Óscar Villán (a segunda parte, en Marzo, adicarémoslla a David Pintor). Nesta ocasión, para inaugurar a mostra, teremos unha sesión de contacontos na que Álex e Patricia contarán algunhas das historias que Óscar animou cos seus debuxos, coa asistencia do propio Óscar e con algún invitado sorpresa.
A fin de semana do 27 e 28 de xaneiro o narrador británico Tim Bowley impartirá un curso de contacontos na libraría.
Nos vindeiros días teredes toda a información máis polo miúdo no blog.
Libros para Soñar- A Coruña
Avda de Fisterra,64
Tlfno: 881 922 447


