Skip to content

CONTOS POR TELÉFONO EN VIGO

Novembro 30, 2011

O artista plástico galego Pablo Otero vai presentar o venres día 2 de decembro, a partir das 18:30 horas, na libraría infantil LIBROS PARA SOÑAR de Vigo, a obra “Contos por teléfono”, da que é ilustrador. Trátase dun libro de relatos breves do mestre e escritor italiano Gianni Rodari, considerado un dos piares da Pedagoxía moderna. “Contos por teléfono”, publicado por KALANDRAKA nunha edición especial, é un dos referentes mundiais da Literatura Infantil e Xuvenil, no que o autor xoga coa imaxinación, o surrealismo e o sentido do humor.

Na presentación, dirixida a público infantil a partir de 6 anos e a público adulto en xeral, Pablo Otero será o guía da súa propia obra pictórica, a través dos relatos de Rodari. A sesión rematará cun obradoiro de plástica creativa para todas as idades.

As imaxes destacan polo seu valor simbólico, a proliferación de formas e figuras xeométricas, e o gran protagonismo da cor. Cunha estética ‘rodariana’, Pablo Otero mestura onomatopeas, dobres sentidos, caricaturas e refinados códigos visuais, cun vistoso resultado. Os lenzos orixinais van permanecer expostos ata finais de decembro en LIBROS PARA SOÑAR, que tamén lucirá un escaparate especial elaborado polo propio artista.

Pablo Otero (Ourense, 1970) estudou na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Expuxo os seus debuxos, esculturas e pinturas en diversas galerías. Obtivo unha mención de honra no Premio Llibreter por “Mateo”, editado por KALANDRAKA, onde tamén publicou as ilustracións de “O príncipe das sombras” e “ABC diario”. Gañou o 1º Premio de Escultura no I Salón de Arte Xoven de Ourense (1992), o María Casares de Escenografía (1999) e un accésit do Premio Lazarillo.

LIBROS PARA SOÑAR: Triunfo, 1. Vigo | Tlf. 986 43 37 68 | lps@kalandraka.com

About these ads
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

Únete aos outros 41 segidores

%d bloggers like this: