CANDO CHOVE
Hai dúas formas de enfrontar con ledicia un día de chuvia : quedar no sofá coa manta por riba pensando “que quentiño se está na casa, pobre do que teña que sair hoxe ! ”, mentres ves a auga esvarar pola ventá, ou coller botas e paraugas e liscar para a rúa meter os pés en canto charco atopes polo camiño. Se a túa forma é a segunda case é seguro que non tes por riba dos oito ou dez anos.
Leire Salaberría, a autora deste libro, é nova pero algo máis dos dez anos ten, e aínda así, semella que malia vivir nun lugar onde chove arreo, mira para a chuvia con ollos de nena e nos convence con este libro de que cando chove o mundo non é gris senón que está cheo de cores e que é un mundo que desfruta da chuvia: desfrutan os cans, as árbores, os caracois e, claro, tamén os nenos.
É un libro sinxelo, gañador do premio Etxepare de álbum ilustrado, que describe situacións cotiás e transmite unha alegría de vivir coa que os nenos se sentirán moi identificados.
Escrito e ilustrado por: Leire Salaberría
Editado por: Factoría K






Que boa pintaaa!!!
Que boa pinta!!!