CHEGOU O GRAN DÍA: LIBROS PARA SOÑAR ABRE AS SÚAS PORTAS NA CORUÑA
Chegou o gran día no que Libros para Soñar abre as súas portas na cidade da Coruña. Moitas grazas a todas as persoas que, ao longo desta intensa e emocionante semana, cos seus comentarios en Facebook e coas súas visitas ao blog, nos transmitiron o seu agarimo e o seu apoio a este proxecto tan ilusionante.
A partir das 6 da tarde, Libros para Soñar vístese de gala para celebrar a sesión inaugural de contos e música. Co director de Kalandraka, Xosé Ballesteros; coas libreiras, Marta e María; co ilustrador Pablo Otero, que decorou a libraría con fermosos murais policromados; co equipo de animación á lectura de Kalandraka formado por Patricia e Álex; coa adaptadora Olalla González e o ilustrador Marc Taeger, autores de “Garavanciño”; coa libreira de Libros para Soñar de Vigo, Sandra Senra, e a profesora e narradora Ana Abelenda; co músico Alberto Barreiro ‘Warren’.
…E con todos e todas vós. Sede benvidos a Libros para Soñar.







Trackbacks