Saltar ao contido

CURSO DE CONTACONTOS EN A CORUÑA

Xaneiro 23, 2012
etiquetas:

Tim Bowley, autor de libros como “Amelia quere un can” e “Xaime e as landras”, impartirá un curso de contacontos na libraría da Coruña os días 27 e 28 de Xaneiro .

Este narrador británico afincado en Galicia é especialista en historias da tradición oral de todo o mundo. Durante máis de 20 anos percorreu coas súas actuacións numerosos países de Europa e América. Participou no Foro das Culturas de Barcelona co espectáculo “Hilando cuentos”, con Casilda Regueiro e Boniface Ofogo.

 Ademais dos álbums infantís editados por KALANDRAKA, tamén escribiu unha antoloxía narrativa editada en 1990 no Reino Unido e o libro de relatos “Semillas al viento: cuentos del mundo”, publicado en 2001.

LIBROS PARA SOÑAR A CORUÑA

lpscoruna@kalandraka.com

Tlf: 881 922 447

TARDE DE CONTOS

Xaneiro 19, 2012
etiquetas:

O pasado venres inauguramos na libraría da Coruña a mostra

“Un paseo Ilustrado (I)” adicada a Óscar Villán.

A mostra recolle algunhas das ilustracións do artista  ó longo

da súa carreira.

Dende ilustracións feitas para  portadas de revistas, como

Fadamorgana” ou “El espectador”.

Ata murais como o que fixo para a Biblioteca de Santa Comba

ou para apoiar a candidatura da Torre de Hércules á

Patrimonio da Humanidade.

E, por suposto libros, moitos libros.

Para inaugurala como se merecía estiveron con nós

Patricia e Álex que lle puxeron voz

e música ós contos que Óscar ilustrou ó longo destes anos.

Escoitamos  “O Coelliño Branco”, que gañou o Premio

Nacional de Ilustración no ano 1999, axudamos a Patri a

descubrir o animal que se agocha nun ” Becho extraño”

e tamén escoitamos e cantamos “Crocodilo” e “Amora”.

Óscar falou un rato con nós e adicounos algúns dos libros.

Facendo de cada un deles  un exemplar

únicos cos seus debuxos.

Pasámolo moi ben e tanto nos gustaron os contos que ata houbo

quen lle pediu a Patricia que firmara un libro para gardalo como recordo.

Moitas grazas a todos e todas por compartir con nós unha tarde

de arte, música e contos.

Grazas a Óscar Villán pola súa presenza e amabilidade.

E aos que non puidéchedes vir recordade que aínda tedes tempo

ata 0 12 de Febreiro para ver a exposición.

A IMPORTANCIA DA ORALIDADE

Xaneiro 18, 2012
etiquetas:

O narrador Boniface Ofogo (Camerún, 1966) vai impartir unha charla titulada “A importancia da oralidade” o vindeiro mércores 1 de febreiro, a partir das 17:30 horas, na libraría infantil e xuvenil LIBROS PARA SOÑAR EN VIGO.

Nesta sesión, que está dirixida a público adulto, especialmente docentes, pais e nais, Boni Ofogo vaise basear na súa experiencia persoal para xustificar a necesidade de achegar os nenos e nenas, dende idade temperá, á tradición oral, como piar da súa formación humana e cultural.

Medrou nunha aldea do interior de Camerún, “onde a transmisión oral era a única maneira de acceder a calquera tipo de información ou coñecemento”. Máis tarde, Boni Ofogo accedería á literatura escrita a través dos seus estudos académicos como doutorado en Filoloxía Hispánica, e da súa traxectoria profesional como mediador sociocultural, se ben a “oralidade primaria” na que se educou segue sendo o “principal punto de referencia” no seu traballo de narrador, faceta á que se adica en exclusiva dende 2005.

“Dende neno fun iniciado polo meu pai na arte da palabra oral”, explica Boni Ofogo, que acudía ás “xuntanzas dos avós”, nas que aprendeu “a escoitar e a manexar a arte da oratoria”. Foi neses encontros onde se lle inculcou a importancia de “venerar as persoas maiores, porque son depositarias dunha sabedoría milenaria”.

Boni Ofogo é autor de dous libros: “Una vida de cuento”, editado polo Ministerio de Educación, e o álbum infantil “O león Kandinga”, publicado por KALANDRAKA, que se basea nun conto tradicional camerunés. Esta última obra, ilustrada por Elisa Arguilé, foi galardoada en 2009 co Premio da Fundación CJ de Cultura (Corea), obtivo unha mención de honra no Premio Città di Bella (Italia) en 2011, e atópase entre as lecturas recomendadas pola Fundação Nacional do Livro Infantil e Juvenil (Brasil).

A charla teórico-práctica de Boni Ofogo complementarase coa narración de proverbios e contos de tradición oral para público adulto, incluido “O león Kandinga”

ACTIVIDADES EN VIGO

Xaneiro 17, 2012
etiquetas:

Trala paréntese navideña, mañá mércores, 18 de xaneiro, a partir das 17:30 horas, LIBROS PARA SOÑAR- VIGO retomará as sesións de contos para bebés de cero a tres anos. Participará a adaptadora de contos e narradora Olalla González, autora de “Garavanciño” e “Chibos chibóns”, editados por KALANDRAKA. Nesta primeira actividade do ano, a sesión introducirá relatos breves que xiran en torno ás rutinas diarias dos bebés.

Tamén se recuperan esta semana as sesións de contacontos habituais dos venres, para público infantil a partir de catro anos. A profesora e narradora Iria Mantilla será unha das protagonistas da sesión do día 20 de xaneiro, a partir das 18:30 horas, cunha representación especial do libro “A que sabe a lúa?”, de Michael Grejniec, editado por KALANDRAKA. Tanto esta semana como a vindeira, o repertorio vai incluir relatos sobre a amizade, a tolerancia e a convivencia, como antesala do Día Escolar pola Paz, que se celebra o 30 de xaneiro.

LIBROS PARA SOÑAR: Triunfo, 1. Vigo | Tlf. 986 43 37 68 |

lps@kalandraka.com

UN PASEO ILUSTRADO

Xaneiro 12, 2012
etiquetas:

Andamos moi atarefados preparando a mostra de Óscar para que todo quede listo para mañá.

Mais estanos a resultar un chisco complicado, xa que os nosos axudantes saíronnos un pouco rebuldeiros…

A cebra Camila anda subida nos estantes…

Pelexou co coelliño branco, que quere estar en todos lados…

O caracol Remoldiño, farto, meteuse nun recuncho e agora non quere saír…

…E temos un homiño saído de non se sabe onde  de okupa na nosa mesa de lectura.

Até o acordeón de Álex, canso de tanto rebumbio, está en folga de teclas caídas.

Xa se nos volveu meter Camila na foto!

A ver se damos feito e poñemos orde para mañá.

Esperámosvos!

UN PASEO ILUSTRADO (I)

Xaneiro 9, 2012
etiquetas:

O Venres 13 de Xaneiro inauguramos na libraría da Coruña a primeira parte da mostra “Un paseo ilustrado”, un percorrido pola obra dos artistas plásticos Óscar Villán e David Pintor. Esta primeira parte está adicada a Óscar : licenciado en Belas Artes na especialidade de pintura acadou co seu primeiro álbum ilustrado, “O coelliño branco”, o Premio Nacional de Ilustración no ano 1999. Para Kalandraka ilustrou ademais a colección Do berce á lúa”, “Amora”, “ A cebra Camila” “Un becho extraño” e “O rei Oso Branco e outros contos marabillosos”. En total ten publicado máis de vinte libros e participa habitualmente en distintas publicacións como “CLIJ” “El Ciervo” ou ” Retranca”, tamén foi colaborador  do Departamento de Educación do Centro Galego de Arte Contemporánea.

E nada mellor para comezar que unha sesión de contos; as 18:00 do Venres Álex e Patricia contarán e cantarán algunhas das historias ás que Óscar puxo imaxes: o coelliño branco, un becho extraño, a amora… e moitos máis. O noso escaparate daravos a benvida cunha instalación inspirada nun dos libros de Óscar, na nosa sala de exposicións estarán expostos ate Febreiro moitos dos seus debuxos e algunhas das súas esculturas e, por suposto, todos os seus libros estarán presentes dun xeito moi destacado nos nosos estantes. Contaremos coa presenza do propio Óscar e dalgún invitado especial.

Estades todos convidados a desfrutar con nós da obra deste artista excepcional.

Esperámosvos!

LIBROS PARA SOÑAR A CORUÑA

Avda de Fisterra, 64

Tlf: 881 922 447

lpscoruna@kalandraka.com

ACTIVIDADES NA CORUÑA

Xaneiro 6, 2012
etiquetas:

Témpera (1999)

Comeza un ano 2012 cheo de actividades en Libros para Soñar.

O venres 13 de Xaneiro inauguramos no espazo de exposicións da libraría da Coruña  a primeira parte da mostra  Un paseo ilustrado, monográfico adicado ó artista Óscar Villán (a segunda parte, en Marzo, adicarémoslla a David Pintor). Nesta ocasión, para inaugurar a mostra, teremos unha sesión de contacontos na que Álex e Patricia contarán algunhas das historias que Óscar animou cos seus debuxos, coa asistencia do propio Óscar e con algún invitado sorpresa.

A fin de semana do 27 e 28 de xaneiro o narrador británico Tim Bowley impartirá un curso de contacontos na libraría.

Nos vindeiros días teredes toda a información máis polo miúdo no blog.

Libros para Soñar- A Coruña

Avda de Fisterra,64

Tlfno: 881 922 447

A COELLIÑA MARCELA

Decembro 17, 2011
etiquetas:

 ”Nun prado verde, á beira do gran río, vivía un pobo de coellos [...] aquel pobo de coellos vivía en paz e harmonía. Era un pobo ben organizado. Había coellos brancos e coellos negros.”

 Neste pobo nace Marcela, unha coelliña negra moi xeitosa pero que ten un pequeno defecto na vista, o seu ollo esquerdo non pode parar quieto, mira cara arriba, mira cara abaixo, mira cara onde lle peta. Non parece moito problema, non?, pois resulta que nese pobo si, nese pobo tan ben organizado os coellos negros miran sempre cara abaixo e os coellos brancos miran sempre cara arriba, as súas miradas non se cruzan. Os coellos brancos moitas veces pisan os coellos negros case case sen decatarse, xa que nin os ven, pero os coellos negros non se enfadan, teñen moi bo carácter e están acostumados a botarse a un lado, non é tan difícil; tamén comen a herba máis seca e beben a auga máis turbia, pero case sempre teñen comida abondo, así que non se queixan. O problema realmente é de Marcela que, ademais de ter un ollo rebuldeiro, ten o costume de trabar cando lle pisan. Nunca tal cousa no pobo se vira e non é do gusto de ninguén, nin de brancos, nin de negros. A coelliña non é feliz e acaba marchando na busca dun lugar mellor para vivir.

No seu camiño Marcela atopa outro pobo, tamén ben organizado, tamén en paz; aquí debería serlle doado adaptarse, xa que os coellos negros son os que miran cara arriba e os coellos brancos son os que miran cara abaixo; os primeiros comen a  herba máis fresca e beben a auga máis clara, e, os segundos, comen a herba máis seca e beben a auga máis turbia; os negros pisan ós brancos e os brancos calan. O problema realmente é de Marcela, o seu ollo dereito sempre mira cara abaixo, así que pode ver perfectamente ós coellos brancos e non lle gusta nada a idea de pisalos, así que anda todo o día desacougada, con coidado de non pisar a ninguén. Aquí a coelliña tampouco é feliz.

Ata que un día, cando está a mirar co seu ollo dereito cara abaixo, atopa a mirada dun coello branco, cun ollo tolo e os dentes dispostos para unha boa trabada. E Federico mira a Marcela, e Marcela mira a Federico, e xa non poden deixar de mirarse. Nunca tal cousa no pobo se vira e non é do gusto de ninguén, nin de brancos, nin de negros. Marcela e Federico non son felices e terán que marchar na busca dun lugar mellor onde vivir.

 Unha fermosa fábula escrita hai máis de 30 anos por Esther Tusquets e publicada daquela en Lumen, editorial da que era propietaria e que tiña no seu catálogo unha serie de títulos de literatura infantil que se convertiron nunha referencia pola súa defensa da igualdade. Nesta edición as ilustracións son de María Hergueta, unha xove ilustradora valenciana que, na nosa opinión, consegue cos seus debuxos renovar a estética do libro mantendo o espírito da edición orixinal.

Escrito por : Esther Tusquets

 Ilustrado por: María Hergueta

 Editado por: Kalandraka

CONTOS DE NADAL EN VIGO

Decembro 14, 2011
etiquetas:

LIBROS PARA SOÑAR xa está deseñando o programa de actividades para comezar o 2012. Mentres,esta semana, celébranse as derradeiras actividades infantís do presente ano, antes das datas festivas do Nadal.

 Na sesión habitual dos venres, a partir das 18:30 horas, destinada a público infantil a partir de 4 anos, o repertorio será a base de contos ambientados no Nadal. O conto estrela desta entrañable época do ano é “Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis”, do profesor Chema Heras e do ilustrador vigués Kiko Dasilva.

Este álbum, un dos títulos máis senlleiros do catálogo de KALANDRAKA, vai ser narrado nesta ocasión por unha das nais que participan periódicamente nas actividades da libraría, como mostra do gran protagonismo e da crecente participación que están a ter os adultos na programación de LIBROS PARA SOÑAR.

Entre as novidades recén chegadas á libraría, comentaranse “Canto de Nadal”, o clásico de Charles Dickens marabillosamente ilustrado porRoberto Innocenti; e o famoso libro “A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza”, nunha edición especial de cartón que incorpora sons.

A sesión rematará cun obradoiro de escrita no que os nenos e nenas poderán redactarlles as súas misivas aos Reis Magos.

Nun formato especial de carta deseñado por KALANDRAKA para elaborar a lista de agasallos que se lle piden ás súas Maxestades de Oriente, botarémoslle ilusión e imaxinación a raudais para sorprender a Melchor, Gaspar e Baltasar coas nosas peticións.

LIBROS PARA SOÑAR: Triunfo, 1. Vigo | Tlf. 986 43 37 68 |

lps@kalandraka.com

RASMUS Y EL VAGABUNDO

Decembro 14, 2011
etiquetas:

Astrid Lindgren es sin duda una de las grandes de la literatura infantil, un clásico indiscutible, incluso quienes no conocen su nombre es difícil que ignoren el de su personaje más popular, Pippi Calzaslargas, o que no hayan oído hablar de Miguel el travieso, pero, aunque éstos sean sus personajes más conocidos, Lindgren es autora de una extensa obra en la que plasmó su visión, optimista pero fuertemente apegada a la realidad, de la vida y de la infancia. Sucede con sus libros algo común a todos los grandes libros infantiles: se pueden disfrutar de adultos, pero descubrirlos de niños es una experiencia inigualable.

En Rasmus y el vagabundo el protagonista es un niño de nueve años que vive el orfanato de Västerhaga; su mayor anhelo es conseguir el padre y la madre soñados pero,  por desgracia, las parejas que acuden al orfanato a buscar un hijo, tienen tendencia a preferir a las niñas con el pelo rizado y Rasmus, además de ser niño, tiene el pelo completamente lacio, así que un buen día toma una decisión: saldrá al mundo en busca de esos padres perfectos a los que debe convencer de que él es mucho mejor que cualquier niña de rizos.

En su primera noche fuera del orfanato, sin embargo, a quién se encuentra es a Óscar, un vagabundo de buen corazón que vive a salto de mata, haciendo trabajillos ocasionales en las granjas que encuentra en su camino y cantando canciones que hacen suspirar a las granjeras. Óscar disfruta intensamente de su libertad y del contacto con los demás pero, como todo vagabundo, también debe enfrentarse cada día a la injusticia y a los prejuicios. Cuando en el camino de Óscar y de Rasmus se crucen una banda de malvados ladrones, ambos deberán demostrar su valor, su solidaridad y, sobre todo, su profundo sentido de la justicia. Y Rasmus descubrirá que a lo mejor los padres perfectos no tienen porque ser ni tan ricos, ni tan guapos, ni tan perfectos.
Las fantásticas ilustraciones de Pablo Auladell, que acompañan y enriquecen el texto, pueden ser disfrutadas tal y como se merecen, a toda página y en gran formato, en una cuidadísima edición en la que hasta el tacto del papel contribuye al placer de la lectura. Todo un homenaje a la gran escritora sueca.

Escrito por: Astrid Lindgren

Ilustrado por: Pablo Auladell

Editado por: Kalandraka

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

Únete aos outros 26 segidores